XIII Xornadas Coruña Solidaria – Memorial Fani Martínez

Ao longo do mes de novembro, xa están en marcha os adestramentos das XIII Xornadas Coruña Solidaria. Memorial Fani Martínez, cun gran éxito de participación e recadación de xoguetes para a campaña de Nadal de Cáritas Coruña.

Pero isto non remata aquí! En decembro continuaremos con máis xornadas solidarias, cheas de deporte, convivencia e espírito de equipo, ata culminar o 23 de decembro cunha GRAN XORNADA FINAL. Ese día, ademais de facer entrega de todo o recadado, celebraremos unha homenaxe especial á nosa querida adestradora FANI MARTÍNEZ.

Con esta iniciativa, demostramos que xunt@s podemos axudar ás familias máis necesitadas nunhas datas tan sinaladas.

Entre tod@s, seguimos construíndo unha cidade máis solidaria. Grazas por formar parte desta iniciativa tan especial!

#eucreonaidea

#tansóporti

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email