O 5 Coruña FS ten novo compañeiro de viaxe: Os Pequerrechos, especialistas no coidado e educación infantil.
Xuntos compartimos un mesmo obxectivo: axudar a medrar. Nós, a través do deporte; eles, acompañando aos máis pequenos e ás familias nos seus primeiros anos.
Este patrocinio é unha alianza de valores: confianza, ilusión e compromiso coa nosa cidade.
Dámoslles as grazas por apostar polo noso club e por unirse a esta aventura que medra día a día.
Benvidos á familia do 5 Coruña FS, Os Pequerrechos!

#medramosxuntos
#yocreoenlaidea

