Un ano máis, o 5 Coruña FS foi seleccionado pola Fundación Emalcsa para desenvolver o proxecto social “5 CORUÑA SUMA”, unha iniciativa que busca seguir achegando o noso graniño de area para construír unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria
O pasado luns, tivo lugar no Concello da Coruña o acto de sinatura do convenio, coa presenza da alcaldesa Inés Rey e representantes das entidades beneficiarias.
Desde o 5 Coruña FS queremos felicitar a todos os proxectos seleccionados e reafirmar o noso compromiso coa responsabilidade social e coa nosa cidade.
Comezamos así unha nova tempada, 2025/2026, con ilusión e enerxía para que “5 CORUÑA SUMA” volva ser un éxito de participación e impacto positivo na comunidade
