Non podía ser doutra maneira. Unha tempada máis, Picnic continuará sendo un dos patrocinadores do noso Sénior Feminino.
A súa confianza e apoio constante son un exemplo de compromiso e amizade, demostrando que crer nunha idea e medrar xuntos é posible cando se comparte a mesma ilusión.
Desde o club queremos agradecer enormemente a Picnic, así como a Diego e a Laura, por acompañarnos unha vez máis nesta nova tempada 25–26.
E, por suposto, non esquecemos que en materia de tortillas, Picnic segue a ser referencia absoluta 😉
Grazas por seguir a carón do noso proxecto e por formar parte desta familia que non para de medrar.
#eucreonaidea #medramosxuntos
