Nova incorporación á familia: Auga de Parada únese ao noso proxecto deportivo

Dámoslle a benvida a Auga de Parada, novo patrocinador oficial do noso equipo Infantil para a tempada 2025–2026.
A súa colaboración representa un paso máis no noso compromiso co deporte base galego e coa formación de novos talentos.

Desde o club, agradecemos profundamente a confianza e apoio de Auga de Parada neste proxecto que medra dende a base, fomentando valores como o esforzo, a ilusión e o traballo en equipo.

Xuntos seguimos construíndo futuro deportivo, formando persoas e creando comunidade

Grazas por crer na nosa idea e por sumar neste camiño compartido.

#yocreoenlaidea #medramosxuntos

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email