No 5 Coruña FS estamos de celebración. ¡Súmase ao noso proxecto un compañeiro de viaxe de excepción! British Royal School pasa a formar parte da nosa familia como patrocinador oficial, e co seu apoio sentímonos máis fortes ca nunca para seguir soñando en grande co fútbol sala na Coruña.
O respaldo de British Royal School é moito máis ca unha axuda: é un impluso que reforza a nosa idea de club, baseada na paixón, no esforzo e na ilusión compartida. Cremos firmemente que xuntos podemos seguir medrando e levando o nome da nosa cidade o máis alto posible.
💙💚⚽️❤️🖐🏼
Desde aquí queremos dar as grazas a British Royal School pola confianza en nós e por sumarse a este camiño cheo de soños e ilusión. Estamos convencidos de que esta unión será o inicio dunha etapa moi especial para o noso club.
Porque se algo temos claro é que medramos xuntos, e cando os soños se comparten, faise máis grandes.

