O domingo 20 de novembro foi un día histórico para o 5 Coruña Fútbol sala. Despois de moito esforzo e dedicación, inauguramos a nosa nova sede social, un espazo que será o corazón do noso clube e punto de encontro para todos os xogadores, técnicos, familias…
A celebración reuniu a máis de 800 persoas, entre elas, os nosos nenos do club, familiares, socios, autoridades locais, veciños e amigos. O evento converteuse nunha gran festa para todo o clube, onde todos puideron gozar dun gran ambiente: boa música, petiscos variados e bebidas, todo de maneira gratuíta como agradecemento a todos os que nos apoiaron neste gran proceso.
Durante o acto, presentamos o noso novo himno, “Erguer a man”, onde realizamos unha pequena coreografía con todos os xogadores do club, enchendo de orgullo e emoción a todos os membros do clube.
Queremos agradecer a todos os que nos acompañaron nesta xornada inesquecible. A inauguración de “La Pizarra” marca un novo comezo para o 5 Coruña Fútbol sala e motívanos a seguir traballando xuntos para construír un clube e unha familia cada vez máis grande en todos os sentidos. Grazas por formar parte da nosa familia e por seguir apoiándonos en cada paso do camiño!
EU CREO NA IDEA