5 Coruña Fútbol Sala renova o seu compromiso social ca Fundación Emalcsa

Este ano, o clube deportivo 5 Coruña Fútbol Sala foi novamente seleccionado pola Fundación Emalcsa para levar a cabo o seu proxecto social “5 CORUÑA SUMA”. A través desta iniciativa, o clube busca contribuír a unha sociedade máis xusta e igualitaria, fomentando valores de solidariedade e inclusión.

O pasado venres tivo lugar a firma do convenio no Concello da Coruña, nun acto presidido pola alcaldesa Inés Rey. Con este convenio, 5 Coruña FS súmase á lista de proxectos que foron seleccionados polo seu impacto social positivo.

Con ilusión e dedicación, o club comeza a tempada 2024/2025 disposto a repetir o éxito de anos anteriores e lograr unha alta participación neste proxecto, demostrando unha vez máis o seu compromiso coa comunidade. Parabéns a todos os proxectos seleccionados!

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email