Escola e benxamín. Portas abertas!

Abrimos a porta da nosa casa para quen queira vir experimentar a “Nosa Idea” e compartir os valores que nos unen dende hai tantos anos…

ESCOLA (persoas nacidas en 2019/2020):

Luns de 17:00 a 18:00 no Barrio de Las Flores.

BENXAMÍN (persoas nacidas en 2016):

Xoves de 17:00 a 19:00 en Labañou.

Xa non hai excusas, anímate a coñecernos, a experimentar o que significa formar parte deste proxecto e a compartir momentos inesquecibles con outros nenos/as e familias. A nosa “Idea” está construída a base de traballo en equipo, respecto e diversión, e queremos que formes parte dela.

¡AGARDÁMOSTE!
A qué esperas?

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email