Este venres quedará marcado no calendario como unha data especial para o 5 Coruña. Tivemos a honra de ser recibidos no Concello da Coruña, nun acto que simboliza o apoio e o recoñecemento ao noso traballo e traxectoria.
Durante a recepción, sentímonos profundamente agradecidos polo trato recibido. A hospitalidade, a calidez e o ben que nos fixeron sentir fixeron desta visita un momento para lembrar. Queremos dar as grazas, de corazón, á alcaldesa Inés Rey, así como ao equipo de @corunadeportes e ao Concello da Coruña por abrirnos as portas dunha forma tan especial.
Seguimos traballando con ilusión por e para o fútbol sala, coa forza dunha cidade que cre neste deporte.
#acoruñaquerefutsal