O 5 Coruña FS vestirá con Mizuno na nova tempada 25-26

O 5 Coruña FS inicia unha nova tempada cun importante aliado. O clube anuncia o acordo coa firma deportiva Mizuno, que será a encargada de vestir ao equipo ao longo desta campaña.

Esta colaboración supón un paso adiante para a entidade, que aposta pola confianza, o rendemento e o estilo como sinais de identidade dentro e fóra da pista.

Na presentación oficial déronse a coñecer a equipación oficial e a sudadeira de adestramento, ás que se sumará nas próximas semanas a colección completa dispoñible para xogadores, técnicos e afección.

O 5 Coruña FS quere agradecer a confianza de Mizuno e o apoio neste novo camiño cheo de retos e ilusión compartida.

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email