Agradecemos inmensamente o apoio de duacode, que se converte nunha peza clave para seguir avanzando e consolidando o fútbol sala feminino no noso clube.
Recentemente, tivemos a honra de recibir en “La Pizarra” a visita de Álvaro Enríquez, CEO de Duacode, quen aproveitou a ocasión para coñecer máis de preto o noso proxecto. Durante o encontro, ofrecémoslle un tour completo polas nosas instalacións e compartimos con el a nosa visión e a ilusión por medrar xuntos neste apaixonante camiño.
O apoio de Duacode é unha peza clave que nos dá forza para seguir traballando con máis empeño, e afianza o noso compromiso co fútbol sala feminino.
Moitas grazas, Duacode, por crer en nós e na nosa idea!

#MedramosXuntos #EuCreoNaIdea