No transcurso do ano 2023, o noso club recibiu unha subvención de 23.100,00 € de parte da Deputación da Coruña en recoñecemento á nosa presenza na 2ª Federación Futsal Feminina. Este respaldo financeiro non só facilitou a nosa participación na categoría, senón que tamén impulsou o crecemento continuo do noso proxecto deportivo.
Grazas ao apoio da Deputación da Coruña, non só fortalécese a presenza do noso equipo, senón que tamén contribúe ao desenvolvemento das nosas iniciativas deportivas ano tras ano.