MENÚ

Logro extraordinario nas XII Xornadas Solidarias do 5 Coruña FS!

Durante os meses de novembro e decembro, o entusiasmo e a xenerosidade de toda a familia do 5 Coruña Fútbol Sala uníronse nunha admirable mostra de solidariedade. O resultado foi espectacular: logrouse reunir un total de 715 xoguetes e 1.130 kg de comida.

Grazas ao apoio incondicional de todos os integrantes do 5 Coruña FS, tentouse mellorar a calidade de vida daqueles que máis o necesitan nestas datas tan especiais. Estes xestos de solidariedade permitiron que Cáritas Coruña poidera levar alegría aos máis necesitados durante estas pasadas festas do Nadal.

O 5 Coruña Fútbol sala reafirma, unha vez máis, o seu compromiso coa solidariedade e o apoio aos demais, demostrando que van máis aló das pistas de xogo. Este éxito nas XII Xornadas Solidarias é o reflexo do espírito colaborativo e a bondade de cada membro desta gran familia.

Felicitamos e agradecemos a todos os involucrados pola súa participación e dedicación en facer posible esta nobre causa. O voso compromiso e xenerosidade marcan a diferenza.

EU CREO NA IDEA

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email