MENÚ

O 5 Coruña FS únese á iniciativa “Brazaletes de Esperanza” contra o cancro

A pasada fin de semana, desde o 5 Coruña Fútbol Sala sumámonos a unha iniciativa moi especial no marco do Día Mundial contra o Cancro. Unímonos a “Brazaletes de Esperanza”, un proxecto da Asociación Española Contra o Cancro, co obxectivo de concienciar sobre a importancia da loita contra esta enfermidade e a esperanza de aumentar a taxa de supervivencia ao 70% para o ano 2030.

Desde o mundo do deporte, unímonos a esta causa crucial, demostrando que a loita contra o cancro non entende de deportes, equipos nin afeccións. É unha batalla que afecta a todos.

Por iso, nos partidos desta pasada fin de semana, todos os nosos xogadores/as e técnicos levamos un brazalete verde, simbolizando a esperanza e o compromiso coas vidas que poden salvarse se alcanzamos ese 70% de supervivencia.

Nesta ocasión, todos xogamos unidos baixo o símbolo da esperanza. #TodosContraOCancro

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email