O pasado martes, o pavillón municipal de Novo Mesoiro foi testemuña do acontecemento que deixou sen palabras a quen o presenciaron. Unha mostra de solidariedade e amor encheu o ambiente mentres amigos e amigas de Fani se reunían para honrar a súa memoria no I Memorial Fani Martínez.
Foi conmovedor ver como persoas de distintos lugares e situacións deixaron todo de lado para estar presentes neste emotivo homenaxe. Desde abandonar as súas obrigas diarias ata cancelar plans vacacionais ou adestramentos cos seus clubes, cada xesto de xenerosidade contribuíu a facer realidade este merecido tributo á nosa querida compañeira.
A distancia non foi un obstáculo para aqueles que viñeron desde lugares como Burela, Poio, Ourense ou Vigo. Moitos tomaron voos de última hora, turnáronse para coidar dos seus fillos e fillas, e incluso deixaron a familiares no hospital para unirse a esta celebración en honra a Fani.
Expresamos o noso máis sincero agradecemento a todos aqueles que colaboraron desinteresadamente, xa sexa mediante donativos á AECC ou participando na unidade de doazón de sangue. Tamén estendemos o noso recoñecemento aos árbitros, aos nosos speakers especiais, aos patrocinadores e a todos os colaboradores que nos brindaron o seu apoio.
Destacamos especialmente a presenza da primeira selección galega sub-10 da historia, quen se sumaron como excepcionais teloneiras deste evento tan especial.
Agradecemos de corazón de parte da familia de Fani e do 5 Coruña a todos os que fixeron posible este día único e inesquecible. Quédanos claro que cando se xoga co corazón, non hai cores nin escudos que nos separen.
Que o legado de Fani siga deixando pegada nas nosas vidas, porque a súa memoria será eterna.
GRAZAS a todos!
#TANSÓPORTIFANI