O próximo martes, 26 de marzo, terá lugar o I Memorial Fani Martínez.
O noso clube e boa parte da comunidade do fútbol sala galego queren render unha merecida homenaxe á nosa eterna compañeira.
Como non podía ser doutra maneira, o evento será unha bonita festa na que celebrar un encontro entre amigas de Fani: compañeiras, xogadoras do clube, da selección galega e outras figuras de primeiro nivel do noso fútbol sala que se prestan a sumarse a unha iniciativa ben fermosa.
O recadado coa entrada donativo será destinado á AECC, coa que colaboramos de xeito habitual.
Ademais, disporémonos da unidade móbil de doazón de sangue na porta do pavillón dende as 15:30 ás 21 horas.
Destas dúas maneiras, procuraremos conseguir participacións para sorteos e algunha sorpresa que iremos desvelando.
¡Non o perdas!
O martes, 26 de marzo, ás 20 horas en Mesoiro. O seu legado continúa e continuará… cunha gran festa do futsal.
(Ao longo dos días, iremos anunciando participantes e máis sorpresas)
#TANSÓPORTIFANI