Durante a tempada 2025–2026, a Clínica Veterinaria Arealonga forma parte do noso proxecto como patrocinador do equipo Infantil, apoiando o traballo que se realiza dende a base.
A súa colaboración supón un impulso importante para continuar medrando e compartindo valores como o coidado, o esforzo e a dedicación, fundamentais tanto no deporte como na formación persoal dos máis novos.
Desde o club queremos agradecer á Clínica Veterinaria Arealonga a confianza depositada no noso proxecto e o seu compromiso coa nosa canteira, formando parte activa desta gran familia.