MENÚ

Recepción: Inés Rey na presentación do X Aniversario do 5 Coruña Futbol Sala

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu aos directivos do 5 Coruña Futbol Salga Óscar Medín e Sergio Blanco para a presentación do acto de conmemoración do X Aniversario do 5 Coruña Futbol Sala que se celebrará este próximo venres 5-5-2023 nas instalacións deportivas da cidade deportiva da Torre.

O venres a entidade herculina organizará un evento ao que xa están confirmadas máis de 900 persoas entre xogadores, xogadoras, técnicos e familiares que dará comezo a partir das 16:00 horas coa recepción dos participantes. Ao acto acudirán integrantes do club durante estas 10 tempadas, así como diferentes personalidades da nosa cidade, incluída a alcaldesa Inés Rey.

Haberá inchables para os máis pequenos, actividades, camisetas conmemorativas e moitos partidos. Ademais, o club obsequiará a todos os participantes con diferentes agasallos, entre eles unha camiseta conmemorativa por estes 10 anos, e unha chocolatada con churos a través dun ticket que se outorgará aos participantes e aos seus acompañantes. Esta chocolatada pretende reflectir o aspecto máis social e familiar dun club que desde os seus inicios é como unha familia para todos os seus integrantes.

O planning do acto será o seguinte: (Susceptible de posibles cambios).

HORARIOS X ANIVERSARIO:

– 16:00h.: Recepción de xogadores/as campo nº2 Cidade Deportiva Torre.

– 16:30h.: Foto Oficial membros do CLUB en La Torre de Hércules.

– 17:00h.: Comezo de actividades.

– 18:30h.: Chocolatada xogadores.

– 19:00h.: Chocolatada público.

– FOTO DE FAMILIA con autoridades e invitados ao acto.

– 22:00h.: Final do X Aniversario.

O evento finalizará coa proxección dun vídeo que rememorará os momentos vividos durante a década de vida do club rojillo.

Compartir:

Facebook
Twitter
Telegram
WhatsApp
Email