MENÚ

Quen somos

HISTORIA. O 5 Coruña Fútbol sala nace na Coruña no 2012 cunha estrutura de club cunha referencia nacional e coa prioridade de traballar coa base que será o futuro a curto, medio e longo prazo. proba

O seu nacemento se cimenta na experiencia en categorías nacionais dunha parte do Club Mera F.S. co traballo da base do Deportivo Atalantes, unha combinación que aproveita máis de 12 anos de experiencia dentro o Futbol Sala.

O 5 Coruña F.S. dotou á nosa cidade dun novo proxecto ilusionante que permite que tantos seguidores e practicantes do Futbol Salga sigan gozando con este deporte.

A idea do 5 Coruña é consolidarse como club na cidade e afianzarse deportivamente a base de traballo e ir escalando divisións.

O club traballa baixo unha serie de valores agrupados nalgún do noso lemas: “A Idea 1,2,3…5!”, “#YoCreoEnLaIdea”, “#ElEsfuerzoNoSeNegocia”,que non é máis que fomentar o desenvolvemento dos nenos e nenas baixo uns principios de comportamento e actitudes cos seus compañeiros e co resto de persoas que lles rodean. Temos claro que o noso principal obxectivo é formar persoas, e despois formar xogadores e xogadoras de futbol sala. Traballamos en cada sesión, en cada partido, para facer crecer o noso deporte, e sempre co obxectivo de que os nosos equipos senior nútranse de xogadores formados na nosa canteira.

Para todo iso o club posúe adestradores titulados, licenciados en ciencias da actividade física e deporte, e licenciados en maxisterio que actualmente exercen como profesores. Ademais de contar coa figura dun psicólogo deportivo para dar apoio a todos os adestradores.

O club dispón de equipos en todas as categorías, e está aberto á captación de nenos e nenas para todas elas a principio de cada tempada.

Torre de Hércules

XUNTA DIRECTIVA.

Presidente D. Óscar Medín Figueroa
Secretario D. Luis Pastur Neira
Tesoureiro D. Sergio Blanco Mera
Vogais

D. Emilio José Fernández Medín
D. Roberto Fernández Álvarez

CATEGORÍAS.

ESCOLA INICIACION – PSICOMOTRICIDADE
PREBENXAMIN
BENXAMIN
ALEVIN
INFANTIL
CADETE
XUVENIL
SENIOR FEMININO
SENIOR MASCULINO