O 5 Coruña Fútbol Sala recibiu unha subvención de 25.000 euros da Deputación da Coruña para apoiar a súa actividade deportiva durante o ano 2026.
Esta achega supón un importante apoio para continuar desenvolvendo o noso proxecto deportivo, impulsar o crecemento do club e seguir promovendo o fútbol sala na nosa cidade.
Desde o 5 Coruña FS queremos agradecer á Deputación da Coruña o seu compromiso co deporte e o seu apoio a entidades que, como a nosa, traballan cada día para fomentar a práctica deportiva e fortalecer a súa vinculación coa cidade.
Seguimos medrando con orgullo, levando o nome da Coruña por cada pista e defendendo unha identidade que nos acompaña en cada paso.
Somos da Coruña. E levamos a nosa cidade no escudo.
#YoCreoEnLaIdea #ACoruñaQuereFutsal
